Mariano
Rajoy quere realizar o que xa fixeron os
romanos hai 2.000 anos. ¿Como se consegue vertebrar todo un Estado? Artellando unha boa rede de comunicacións. O líder do Partido Popular propuxo unir todas as capitais a través dun verdadeiro tren de alta velocidade. ¿Quen pode contradicilo? Pero Rajoy omitiu falar da súa decisiva participación durante 8 anos no Goberno de Aznar. ¿Cantas capitais se uniron cun auténtico
AVE mentres o PP gobernou en Madrid ou Santiago?
Rajoy non só non puido citar un só quilómetro de AVE aquí, senón que ao seu partido non se lle ocorreu mellor cousa que resucitar o
Plan Galicia, cando todos sabemos que ese listado naceu unicamente despois de que os galegos progresistas, nacionalistas ou conservadores se botaran ás rúas.
Pero xa que Fraga, Feijoo e
Cascos quixeron que falaramos diso, preguntémonos: ¿que reclamaba a xente? Que non se lle mentira. Sen embargo, os mesmos gobernantes, hoxe líderes na oposición, volveron a cometer o mesmo erro tralo atentado
islamita do 11 de marzo.
¿Acaso non é triste que ese grupiño de xente dirixa un partido que debería falarnos da súa filosofía da vida, do liberalismo e de programa? En paga diso obríganos a ter que responder ás súas falsidades.
Pero das súas intencións xa ben nos advertiu un dos pais da Constitución,
Miguel Herrero de Miñón, militante e quen foi voceiro do PP durante os primeiros anos da democracia. Por certo, unha
democracia que se renova cada vez que se vota. Por exemplo o domingo, elixindo aos
alcaldes.
» Radio Lugo