Noutras eleccións municipais o debate centrábase en valorar as desmesuradas promesas que vertían os políticos. Nesta ocasión estamos obrigados a falar, un día do alcalde de
Melilla, que encargou copias do formulario oficial para o voto por correo, ao outro dos promotores que son ou queren ser alcaldes, como o de
Salceda ou
Bande, un do PP e outro do PSOE, ou mesmo debemos asistir ao feito de que un concello como o de
Outeiro de Rei decidira censar a feito a
presos e
maiores. Independentemente de que a finalidade do popular José Pardo fose a de gañar votos ou valor económico para o concello, ou as dúas cousas á vez, o asunto non parece o mesmo que o de Monterroso, onde o alcalde, o socialista Gato, realizou dúas campañas informativas disque a fin de animar aos presos para que se censaran. No caso de
Bonxe –onde faltaría por ver se o fallo de comunicación é só atribuíble ao servizo postal– houbo ao parecer algún preso que coñeceu onde estaba
censado só despois de que lle desestimaran unha vivenda social alá na súa localidade de orixe. Agora ben, cómpre preguntar se isto que afecta á legalidade debería ser agora o máis relevante. Ou se o importante de cara ás
municipais do 27 de maio había ser falar dos problemas que concirnen aos maiores e presos, censados aquí ou acolá. Porque, ¿onde quedou o
debate político? ¿Acaso non deberíamos falar da
asistencia aos maiores, da escaseza de
residencias públicas ou da
reinserción social dos presos?
» RAdio Lugo, 25,04,07 Ónde quedou o debate político