A mirada crítica
Alcalde ou promotor, incompatibles
Xa que nestes días non asomou ás ventás informativas a crispación das últimas semanas, non vai ser este analista quen prenda de novo o lume. Así que este respiro vainos permitir falar, por exemplo, do urbanismo.
O alcalde da localidade pontevedresa de Salceda admite agora que «quizais non sexa ético» participar nunha promotora de vivendas ao mesmo tempo que ser rexedor desa localidade. E supoño que para non ter que dimitir, algo que xa lle debera ter esixido o seu propio partido, o popular alega que se trata de algo legal e que non se aproveitou do seu cargo para beneficiar á súa empresa. Dicir o contrario sería tanto como recoñecer publicamente un delito. Pero a moitos resúltanos difícil imaxinar que sendo accionista dunha promotora, o alcalde de Salceda non aproveitara o seu cargo para beneficiar dalgunha maneira á empresa da que é partícipe. Vamos, parecería un contrasentido, porque ninguén ten parte nunha empresa senón é para gañar cartos, sexa un alcalde ou panadeiro.
Por outro lado pero sen abandonar o tema do urbanismo, na localidade de Foz mantense a fenda que separa as boas intencións da Xunta dos intereses locais. Porque a pregunta é: ¿se o alcalde de Foz pertencera ao Partido Popular, permitiríaselle que puidera validar o luns as polémicas licencias concedidas de xeito irregular hai un ano?
Nisto do urbanismo, sería bo que os intereses partidistas non se impuxeran nunca, xa non digo á legalidade, senón ao propio sentido común.


» Radio Lugo, 11/04/07. Alcalde ou promotor, á vez son incompatibles.
Carlos Vázquez. Mércores, 11 de Abril de 2007
Enviar un comentario
COMENTARIOS RECIBIDOS
Publicado o miércoles, 11 de abril de 2007
estou de acordo co comentario do dia de hoxe, 11 de abril, non se pode ser arte é parte, ademais, o que reparte sempre se queda ca mellor parte, ¿ou non? un saúdo, Xoan.
Comentario enviado por XOAN
 
Publicado o jueves, 12 de abril de 2007
EL POLITICO , EL QUE LO ES POR VOCACION, NO POR INTERESES PARTIDISTAS O PROPIOS, NO DEBERIA TENER PROBLEMAS CON LAS REPARTICIONES, YA QUE SERIAN EN BENEFICIO DE SU PUEBLO,CIUDAD ETC. Y ASÍ NO ESTARIAMOS NOSOTROS DUDANDO ( Y CADA VEZ MAS) DE TODOS ELLOS.
Comentario enviado por ELENA-VIGO
 
Publicado o jueves, 12 de abril de 2007
No entiendo mucho o entiendo demasiado, pero la pela es la pela
Comentario enviado por Alfin
 
Publicado o miércoles, 18 de abril de 2007
Xa cheira tanta corrupción urbanística por parte dos políticos. eu sufrín na miña propia pel como un aparellador municipal me negaba a licencia de apertura do meu local por chorradas varias e el tiña unha casa enriba da estrada ilegal a un 100% e por se fose pouco ao lado da súa casa, en Vilanova(Hío- Cangas) calificou os terreos lindantes aos seus coma non edificables. Isto son collóns e non os dos touros das estradas! K saibas k isto é unha pecata minuta comparado con todo o que se move nos concellos de toda Galiza. Non sei porque pero os pepeiros os peores sempre. Que razón tiña Castelao falando como falaba dos caciques. Sen comentarios, políticos bos xa non quedan. U n saúdo.
Comentario enviado por samba da Bahia
 
Estos son artigos de vello que Carlos Vázquez pronunciou en directo no seu día no programa Hoy por Hoy Lugo da Cadena SER. Loxicamente xa perderon toda a actualidade.

Arquivo

· Xuñ 2007
· Mai 2007
· Abr 2007
· Mar 2007
· Feb 2007
· Xan 2007
· Dec 2006
Artigos recentes

· Xa de ir polo xugo...
· Unidos máis que nunca [mp3]
· Tragar sapos para gobernar [mp3]
· As mentiras dun só grupiño [mp3]
· Pesimismo por localidades [mp3]
· As comparanzas de Rajoy [mp3]
· O que ri úlitmo ri mellor
· Ónde quedou o debate político [mp3]
· Contaminar xa non será o mesmo [mp3]
· Alcalde ou promotor, incompatibles [mp3]


Buscar


www.radiolugo.info