A mirada crítica
Xa de ir polo xugo...
Non puido ser onte. O pacto entre socialistas e nacionalistas de Lugo vai ter que agardar, non sabemos canto. Porque agora resulta que reunirse no Concello non era o lugar axeitado. Onte era iso, ao mellor hoxe é que chove e mañá que fai frío, pero o sábado á porta está e malia que a Orozco faille tanta graza reunirse con Lage como a min bañarme no río, o que está claro é que un e outro van ter que sentar para negociar e pechar un acordo de Goberno como parecía producirse onte en cidades como A Coruña ou mesmo si parece que ocorrerá en Riotorto. Nada sabemos aínda de Láncara nin do futuro goberno de Sarria. Se fan como aquí, a impresión que se dá é que os que teñen a chave queren agardar a que se achegue o día sinalado para que a forza que ten máis votos se vexa apurada e ceda.
Vendo o ocorrido onte en Lugo, cabería preguntar se esa é a estratexia que vai seguir o BNG. Todo isto pasa porque nin Orozco nin Lage teñen moitas ganas de selar un pacto. Os socialistas porque se saben con moitos máis concelleiros có BNG e polo tanto non queren que os nacionalistas lles fagan a táboa de multiplicar.
E pola parte contraria, os do Xosé Anxo Lage seguen empeñados en conseguir que catro sumen once.
Agora ben, vendo as poucas ganas que poñen, tanto uns coma outros poderían coller e dirixirse a San Marcos, que é onde está a sé do Partido Popular e ao mellor alí atopan un bo lugar para reunirse e asinar un pacto. Xa de ir polo xugo..., porque no fondo todos se parecen.

Este artigo remata con esta tempada inda que á volta das vacacións de verán seguramente poderemos seguir escoitando e lendo as opinións de Carlos Vázquez na radio.
Moitas grazas a todos por compartires xuntos todos estes momentos.


Carlos Vázquez. Mércores, 13 de Xuño de 2007
13:15:00Enviar un comentario | 3 comentario(s) recibido(s)
Carlos Vázquez segue escribindo en La Voz de Galicia e temporalmente non participa coa súa particular «Mirada crítica» os mércores a iso das 13:20 no espacio "Hoy por Hoy" de Radio Lugo, Cadena SER como viña facendo. Non obstante, aquí queda unha mostra apetecible para tod@s os interesados. Os comentarios de opinión que aquí se recollen versan sobre a actualidade política galega, española e internacional. Neste espazo publícanse as súas intervencións radiofónicas, asemade outras, e tamén se poden escoitar en audio algúns dos artigos radiados, premendo en (MP3).

Arquivo

· Xuñ 2007
· Mai 2007
· Abr 2007
· Mar 2007
· Feb 2007
· Xan 2007
· Dec 2006
Artigos recentes

· Xa de ir polo xugo...
· Unidos máis que nunca [mp3]
· Tragar sapos para gobernar [mp3]
· As mentiras dun só grupiño [mp3]
· Pesimismo por localidades [mp3]
· As comparanzas de Rajoy [mp3]
· O que ri úlitmo ri mellor
· Ónde quedou o debate político [mp3]
· Contaminar xa non será o mesmo [mp3]
· Alcalde ou promotor, incompatibles [mp3]


Buscar


www.radiolugo.info